O vervo satírico: provérbio e proverbialização na sátira galego-portuguesa
Autor Falcão, Fernanda Scopel
Título O vervo satírico: provérbio e proverbialização na sátira galego-portuguesa
Ciudad Vitória
Editorial Editora da Universidade Federal do Espírito Santo
Año 2010
Páginas 177
Resumen
Estuda o emprego das paremias no trobadorismo peninsular, como un recurso que acada gran vitalidade, sobre todo nas cantigas satíricas. Entre estas constitúe un elemento argumentativo moi útil e moi usado e que por veces se liga ao jugar de palabra da poética das cantigas de escarnio. A autora distingue, ademais, entre o uso de proverbios e a proverbialización, é dicir a creación dunha expresión sentenciosa a partir dunha forma previa que non tiña ese valor. Tras unhas reflexións preliminares sobre a sátira galegoportuguesa e sobre o concepto de paremia, a autora centra o seu estudo no período de florecemento trobadoresco, deténdose nos autores das cortes de Afonso X de Castela e de D. Afonso III de Portugal. E entre estes, dedícalle especial atención a Johan Soarez Coelho, trobador que demostra unha clara conciencia autorial e letrada e que basea a súa arte, entre outros elementos, nos proverbios. Porén, este resulta un recurso moi extendido, tal e como demostra o estudo de corenta e tres cantigas de autores diversos, que conteñen ata cincuenta e seis expresións proverbializantes. Entre os textos analizados, que se incluén como apéndice nunha escolma final, hai cantigas, ademais de do devandito Johan Soarez Coelho, de Afonso X, D. Dinis, Johan Garcia de Guilhade, Johan Airas de Santiago, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero da Ponte ou Pero Garcia Burgalês
![]()
