«A voz velada dos outros. Achegamento ao papel dos amigos na cantiga de amor»


Autor Eirín, Leticia

Título A voz velada dos outros. Achegamento ao papel dos amigos na cantiga de amor

Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull

Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico

Ciudad San Millán de la Cogolla

Editorial Cilengua

Año 2019

Volumen 1

Páginas 355-368

Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10


Resumen
En certas cantigas composicións ao xénero da cantiga de amor galego-portuguesa, e unido ao motivo da reserva da dama, achamos a voz dos amigos do namorado. Trátase dun discurso que comparece habitualmente de maneira indirecta, a través das palabras do propio suxeito poético, e que adoita poñer de manifesto a curiosidade case irreverente deses amigos, o desexo que estes teñen de coñecer a identidade da senhor, e que os leva a preguntarlle ao namorado quen é a muller pola que morre de amor, ao cal el debe –atendendo aos códigos xenéricos– responder coa lei do silencio; con todo, este código é por veces aparentemente transgredido e o propio namorado xoga coa posibilidade de revelar a identidade da súa senhor. Noutras ocasións, a voz dos amigos cumpre un claro papel antagónico aos sentimentos do poeta-namorado, ao lle aconsellar, por exemplo, que non sirva á súa dama. A intención da autora é analizar neste relatorio, a través dun corpus representativo de textos, o modo en que se reproducen as palabras ou preguntas dos amigos do trobador, así como o papel que estes desenvolven no seu comportamento a respecto da senhor e nas eventuais desviacións e variacións do motivo

Loading