«En torno al Árbol de Jesé (siglos XI-XIII): Tres ejemplos en las Cantigas de Santa María»
Autor Domínguez Rodríguez, Ana
Título En torno al Árbol de Jesé (siglos XI-XIII): Tres ejemplos en las Cantigas de Santa María
Otros autores S. Parkinson
Título revista/libro Cobras e Son. Papers on the Text, Music, and Manuscripts of the 'Cantigas de Santa Maria'
Ciudad Oxford
Editorial Legenda - Oxford University Press
Año 2000
Páginas 70-92
Resumen
Tras chamar a atención sobre a escasa atención que se lle prestou á representación deste motivo do cancioneiro sacro de Afonso X, repasa a tradición icónica que ao respecto se elaborou no Occidente medieval, na que se atopan, entre os séculos XI e XIII, diferentes modelos de árbores (indeterminada, inmaculista, mariolóxica, cristolóxica e trinitaria). A continuación, analiza a súa representación nas Cantigas de Santa María, constatando que as tres versións existentes, no só son diferentes entre si, senón que á penas gardan relación co texto ao que acompañan; e algunha delas, como a que forma parte da cantiga nº 20 do códice T, no que aparecen o monarca de xeonllos, en posición orante, e os escudos de Castela e de León, ten unha interpretación ideolóxica, de exaltación monárquica, coa que se pretende mostrar a Afonso X como un novo Salomón
![]()
