«Corpos narrativos. Identidade e memória codificadas na carne»


Autor Dias, Isabel de Barros

Título Corpos narrativos. Identidade e memória codificadas na carne

Otros autores S. Béreiziat-Lang - R. Folger - M. Palacios Larrosa

Título revista/libro Escritura somática. La materialidad de la escritura en las literaturas ibéricas de la Edad Media a la temprana modernidad

Ciudad Leiden - Boston

Editorial Brill

Año 2020

Páginas 85-101

Colección DOI:10.1163/9789004428614_006


Resumen
Estudo da que se coñece como História do Bispo Negro, que se documenta por primeira vez a finais do século XIV, na segunda redacción da Crónica de 1344. Nela cóntase un enfrontamento entre o primeiro monarca portugués, D. Afonso Henriques, e o Papa, que se resolve a favor do rei e no que este último lle mostra ao Pontífice as feridas do seu corpo, que sufrira durante as guerras mantidas contra os mouros. En concreto, analízase a función das chagas como marcas que narran a vida do rei e que converten o seu corpo nun obxecto de lectura. Propóñense diversos exemplos da historia e da literatura, nas que as cicatrices asumen unha función semellante (Edipo, Ulises) ou que ás veces actúan como sinais do destino heroico do seu portador. Tamén son asociadas cos relatos haxiográficos, en tanto que a loita de D. Afonso fronte ao inimigo musulmán outórgalle unha compoñente sacralizadora. Para este último caso adúcense exemplos extraídos da Crónica do Pseudo-Turpín, que contén o Codex Calixtinus, ou da Lenda da Condesa Traidora, que recollen tanto as Cantigas de Santa María como a Primera Crónica General afonsí

Loading