«A transgressão feminina e a protecção da Virgem nas Cantigas de Santa Maria»


Autor Dias, Isabel de Barros

Título A transgressão feminina e a protecção da Virgem nas Cantigas de Santa Maria

Título revista/libro Futhark. Revista de investigación y cultura (Género y Transgressión)

Año 2007

Volumen 2

Páginas 51-74


Resumen
Estudo das poesías narrativas das Cantigas de Santa María, de Afonso X, insistindo naquelas que mostran situacións de transgresión feminina, especialmente no que se refire ao vicio do xogo, a asasinatos e a comportamentos sexuais prohibidos. Compróbase que tanto a protección, como os castigos da Virxe, aplícanse, indistintamente, a homes e a mulleres, o que revela certa equidade de tratamento, aínda que sexa a este nivel. Por conseguinte, deféndese que, máis que a maior ou menor condescendencia ou censura para cun determinado xénero, o que as Cantigas de Santa María nos mostran son maneiras diversas que poden adoptar os vínculos entre os seres humanos e a divindade. Estes modelos, proxéctanse, respectivamente, na sociedade humana, onde tamén se valora a fidelidade incondicional entre señores e vasalos. Santa María xorde, nestas cantigas, como unha gran Señora todopoderosa, a quen é necesario prestar vasalaxe e louvar, a fin de obter a súa protección e os seus favores, ao tempo que nela converxen nocións e características dos servizos amoroso e feudal. Homes e mulleres están obrigados ao mesmo tipo de servizo, cuxa recompensa é a protección inequívoca e incondicional, tanto dos bos e xustos, como, así mesmo, dalgúns «menos bos»

Loading