«Don Xosé Filgueira Valverde e os estudos da épica galego-portuguesa medieval»
Autor Corral Díaz, Esther
Título Don Xosé Filgueira Valverde e os estudos da épica galego-portuguesa medieval
Otros autores X. L. Cochón Touriño - L. Mariño Taibo
Título revista/libro Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Año 2015
Páginas 187-195
Colección Cadernos Ramón Piñeiro, XXXI
Resumen
Semblanza da figura de Filgueira Valverde a partir do seu interese pola épica e pola posible existencia deste xénero na literatura galega medieval. A autora toma como núcleo da súa exposición as observacións que o homenaxeado verteu no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (1941). Nel, tentaba invalidar a definición da literatura galega como esencialmente lírica, fronte ao carácter épico da castelá e, para iso, rastrexaba a pegada de posibles cantares de xesta en diversas manifestacións literarias galegas. Entre estas, saliéntanse os relatos carolinxios que penetran e se aclimatan en Galicia a través do Camiño de Santiago; a forte tradición de literatura oral, representada por xograres e trobadores, e de entre os que destaca os ichacorvos ou cantores especializados en miragres de santos, que se documentan no século XV; as alusións contidas na lírica trobadoresca, con especial atención á xesta de Don Belpelho de Afonso Lopez de Baian; o romanceiro con presenza de personaxes ou de ambientación galegos; ou mesmo feitos e personaxes históricos salientables, relacionados con Galicia e Portugal, que puideron orixinar a composición de cantares épicos
![]()
