«Cantigas d'Amigo with aaB Forms by Galician Jograres»
Autor Cohen, Rip
Título Cantigas d'Amigo with aaB Forms by Galician Jograres
Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric
Año 2013
Volumen 1
Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2013/07/aaB-GALICIAN-21.pdf
Resumen
Edición das cincuenta e dúas cantigas de amigo, que, no seo do cancioneiro de xograres galegos, empregan o devandito esquema métrico. A reconstrución textual está baseada na edición que publicou o propio autor en 2003 (500 Cantigas d'Amigo. Edição Crítica / Critical Edition, Campo das Letras, Porto), co corpus completo das cantigas de amigo, respecto á que só se introducen cambios mínimos. A edición actual acompaña cada texto dunha análise métrica, pero carece case por completo de aparato crítico, polo que, para cuestións de crítica textual cómpre así mesmo consultar a de 2003. O obxectivo desta edición, segundo Cohen, é o de facilitar o estudo destes textos, tan interesantes para comprender a historia do citado xénero lírico
![]()
