«Internal Rhyme and the History of Strophic Song»


Autor Cohen, Rip

Título Internal Rhyme and the History of Strophic Song

Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric

Año 2013

Volumen 1

Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2014/12/Cohen-Internal-Rhyme-Article.pdf


Resumen
Destaca como os versos con cola interna, que aparecen nunhas corenta cantigas de amigo, foron malinterpretados pola crítica e, daquela, o estudo das súas propiedades formais non se tiveron en conta para o estudo das kharxas. Por iso, propón unha análise comparada das cantigas de amigo con esta característica e das kharxas con muwashshah, tendo en conta como un e outro tipo de estrofa presentan un desenvolvemento análogo da rima interna, cunhas primeiras manifestacións no refrán e no qufl, respectivamente, e un posterior espallamento polo corpo da estrofa. A partir destas analoxías, o autor cuestiónase se existe algunha relación xenética entre as formas métricas romance e árabe e para esta fin, detense en composicións de Johan Servando, Johan de Requeixo ou Lopo Lians, que compara con pezas de procedencia árabe, como as do árabe Ibn Bassan. Conclúe salientando a importancia que para a versificación ibérica tivo o esquema estrófico aaB, así como a conveniencia de manter os versos longos na súa integridade, provistos de rimas internas que funcionaban como recurso mnemotécnico

Loading