«Devociones, imágenes y memoria para una reina. Violante, reina de Castilla, y el convento de Allariz»
Autor Cendón Fernández, Marta - Fraga Sampedro, Mª Dolores
Título Devociones, imágenes y memoria para una reina. Violante, reina de Castilla, y el convento de Allariz
Otros autores M. Brea - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Afonso X e Galicia
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia
Año 2021
Páginas 115-175
Resumen
As autoras trazan os primeiros séculos de historia do cenobio allaricense, dende a súa fundación pola raíña Violante. Analízanse os motivos que levarían á fundación do mesmo nunha vila pequena, así como a distribución dos espazos no interior do templo e os seus significados e funcións, incluíndo os sepulcros dos membros da familia real. Destacan así mesmo o mecenado que, trala morte de dona Violante, asumiu o seu neto, o infante don Filipe. A segunda parte do traballo estuda diversas obras artísticas que enriqueceron o convento durante eses anos, destacando a coñecida como Virxe de Allariz, unha virxe abrideira da que se traza a súa historia e se analiza a súa iconografía. Para isto último, relacionan a figura co tema dos gozos marianos, que tivo un cultivo salientable na literatura da época. Entre os autores que se mencionan están Pedro Damián, Gautier de Coincy, Xacobe da Voráxine, Ramón Llull, Gonzalo de Berceo ou Afonso X. En concreto, coa primeira das Cantigas de Santa María, que tamén está reproducida nas miniaturas do Códice Rico do mosteiro de El Escorial e na que se expoñen os sete gozos de María
![]()
