«Cupido en los poemas amatorios de los Carmina Burana»


Autor Carracedo Fraga, José

Título Cupido en los poemas amatorios de los Carmina Burana

Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín

Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2016

Páginas 221-230


Resumen
EExamínase a presenza de Cupido nos poemas amorosos que forman parte dos Carmina Burana. Na colección pode aludirse á relación filial entre Cupido e Venus (como genetrix Amoris e Cytheree natus), preséntandose a miúdo ambos como deuses do amor que procuran partidarios para sometelos á súa vontade. Nalgúns casos Cupido exerce como intermediario da súa nai. A parella tamén aparece celebrando a primavera nun coro de divindades. Porén, o máis habitual é que só se implique a un deles no interior dun poema. O deus é aludido como Cupido en oito textos e como Amor en vinte e tres. Estes dous nomes combínanse nun mesmo texto en poucas ocasións: tres deses casos refírense ao mesmo personaxe, mentres que noutro tal identificación é máis dubidosa. Ademais, faise un repaso polas principais características que se lle atribúen nos Carmina Burana, que, ás veces, remiten ao ámbito bélico. Por exemplo, rexístránse referencias ao arco e ás frechas, para o que se empregan diversos termos. Un deles, a composición 154, fala de cinco tipos de frecha, que se vinculan a cinco estados amorosos, e, como acontece noutros poemas, presenta a Cupido como un deus alado. Por último, faise referencia a outras pezas do corpus, caracterizadas polo seu alto nivel de elaboración

Loading