«Il corpo: luogo di transizione tra bene e male nelle Cantigas de Santa Maria di Alfonso X»


Autor Capozza, Alessandra - Pericoli, Lisa

Título Il corpo: luogo di transizione tra bene e male nelle Cantigas de Santa Maria di Alfonso X

Otros autores G. Lalomia - A. Pioletti - A. Punzi - F. Rizzo Nervo

Título revista/libro Le forme del tempo e del cronotopo nelle letterature romanze e orientali, Atti del X Convegno della Società Italiana di Filologia Romanza, VIII Colloquio Internazionale Medioevo romanzo e orientale (Roma, 25-29 settembre 2012)

Ciudad Soveria Mannelli

Editorial Rubbettino

Año 2014

Páginas 581-601

Colección Medioevo Romanzo e Orientale


Resumen
O traballo examina en particular seis composicións pertencentes ao grupo dos poemas narrativos das Cantigas de Santa María, as coñecidas como cantigas de miragres. O corpo, como lugar-símbolo de transición entre o ben e o mal, desenvolve nelas un papel central na narración, de acordo coas categorías do espazo e o tempo da historia. O espazo-tempo terreal (dimensión do pecado) e o espazo-tempo divino (dimensión do ben) entran en contacto a partir da intervención da Virxe, no seu papel de intermediaria entre o home o Deus. Logo, a partir da manifestación do divino, o beneficiado comeza, no espazo-tempo terreal, un camiño de elevación, do pecado á salvación da alma. A alteración do estado físico da persoa obxecto do milagre representa o único momento no que, durante a intervención sobrenatural, resulta visible no espazo físico. O corpo, en fin, actúa como portavoz, no espazo físico, da experiencia do divino e é, xa que logo, o único obxecto visible que participa dos dous cronotopos (real e divino). Este recurso simbólico confírelle á historia un carácter exemplar, posto que permite traducir en imaxe corpórea conceptos tales como os de condena, arrepentimento e redención, para que se graven na memoria no só mental, senón tamén física, dos destinatarios da obra (p. 583). Analízanse en detalle, xunto coas miniaturas que as acompañan, as cantigas números 61, 293, 4, 175, 111 e 124 (segundo a edición de Mettmann, 1959-72

Loading