«Filgueira Investigador e divulgador do feito trobadoresco»


Autor Brea, Mercedes - Fernández Guiadanes, Antonio - Ron, Xabier

Título Filgueira Investigador e divulgador do feito trobadoresco

Otros autores X. L. Cochón Touriño - L. Mariño Taibo

Título revista/libro Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Año 2015

Páginas 133-148

Colección Cadernos Ramón Piñeiro, XXXI


Resumen
Achegamento ao método utilizado por Filgueira Valverde nos seus estudos sobre aspectos literarios, temáticos e retóricos da produción dos trobadores da escola lírica galego-portuguesa. O repaso ten en conta os dous volumes que compilan esta parte da súa obra: Sobre lírica medieval gallega y sus perduraciones, publicado en 1977, e Estudios sobre lírica medieval. Traballos dispersos (1925-1987), en 1922. Primeiramente, préstaselle atención aos textos trobadorescos dos que se serviría, cuestionándose aspectos como a consulta das fontes manuscritas ou a adopción de edicións alleas. Entre os casos comentados, sobresae a anécdota recollida en Obra en galego de Francisco Xavier Sánchez Cantón, que apareceu en 1991, pola cal se recoñece o uso dunha fotocopia do texto manuscrito e das posibilidades de lectura consideradas por Filgueira, identificándose o texto con Mala ventura mi velha (V1026). Un segundo apartado está dedicado á observación do uso de datos históricos e prosopográficos nunha escolma de artigos, para os que recorrería ao emprego de fontes en arquivos e o manexo de bibliografía. Esta vertente considérase unha importante actividade divulgadora, aínda que non sempre se teñan en conta dabondo os problemas de homonimia. Nun terceiro apartado aténdese ás cuestións temáticas e formais analizados por Filgueira Valverde

Loading