«Afonso X e a codificación do galego como lingua poética»


Autor Brea, Mercedes

Título Afonso X e a codificación do galego como lingua poética

Otros autores M. Brea - P. Lorenzo Gradín

Título revista/libro Afonso X e Galicia

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia

Año 2021

Páginas 355-384


Resumen
O presente traballo propón a cuestión de como se creou o modelo de galego que constituíu a koiné trobadoresca e que criterios influíron na súa configuración. Para iso cómpre ter presente en primeiro lugar que ese modelo lingüístico foi elaborado fóra de Galicia, o que obriga a reflexionar sobre os coñecementos que de galego que tería Afonso X. Pero así mesmo convén non esquecer as peculiaridades dos testemuños escritos que documentan a koiné trobadoresca, é dicir, dos cancioneiros profanos e mariais e do seu proceso de conformación en sucesivas etapas, pero tamén en diferentes lugares e momentos. Fanse comparacións cos datos que sobre o galego da época ofrece a documentación notarial, así como sobre o emprego tamén dunha koiné por parte dos trobadores occitanos e as indicacións que sobre a mesma ofrecen as Razos de trobar de Raimon Vidal de Besalú

Loading