«¿Textos discordantes no Cancioneiro da Ajuda


Autor Brea, Mercedes

Título ¿Textos discordantes no Cancioneiro da Ajuda?

Otros autores M. Brea

Título revista/libro Carolina Michaëlis e o Cancioneiro da Ajuda, hoxe

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Año 2005

Páginas 255-279


Resumen
A partir da condición do Cancioneiro da Ajuda de colectánea de cantigas de amor, achégase á tensión entre homoxeneidade e variantes, que forma parte de calquera xénero literario, para, ao mesmo tempo, cuestionarse o concepto de cantiga amorosa que manexaban os compiladores medievais. Con este propósito, detense naqueles textos de Ajuda que dalgún xeito se afastan do canon da cantiga de amor, como aqueles que introducen motivos minoritarios, que poden chocar cos preceptos da casuística amorosa (como o matrimonio ou a morte da amada) ou que se sitúan na fronteira entre os xéneros de amor e amigo e o de escarnio ou mesmo entre amor e amigo. Por último, dedícalle especial atención a De quantas cousas eno mundo son de Pai Gomez Charinho, cuxas dificultades de adscrición xenérica permiten considerala, segundo a interpretación que se faga dela, unha cantiga encomiástica, unha cantiga escarniña ou un sirventés político, pero que, en cambio, se integra nunha compilación amorosa

Loading