«A Nosa Señora do Faro»
Autor Blanco Prado, José Manuel
Título A Nosa Señora do Faro
Título revista/libro Anuario Brigantino
Año 2012
Volumen 35
Páginas 477-496
Resumen
O Santuario da Nosa Señora do Faro, en Chantada (Lugo), constitúe un dos centros devocionais máis importantes de Galicia, o que se reflicte na romaría que se celebra nel cada 15 de agosto. O presente traballo traza a historia do santuario, describe o seu emprazamento e a súa arquitectura e repasa as diversas formas de devoción popular asociadas á romaría, así como as lendas ligadas á Virxe do Faro. Entre a produción lírica que inspirou esta advocación mariana ofrécense as cantigas de romaría compostas no século XIII por Johan de Requeixo, pero tamén outras pezas líricas posteriores, escritas entre os séculos XVIII e XX
![]()
