«Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (ca. 1091-1107)»


Autor Barón Faraldo, Andrés

Título Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (ca. 1091-1107)

Título revista/libro Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Año 2011

Volumen 27

Páginas 531-574


Resumen
O nomeamento de Raimundo de Borgoña como conde de Galicia puido deberse ao interese de Afonso VI de Castela e León por debilitar os grandes nobres galegos, cuxa influencia sobre o devir do reino consideraba excesiva. E, en efecto, a chegada do nobre borgoñón produciu en Galicia unha reconfiguración dos círculos de influencia nobiliaria, pois, mal recibido como foi pola aristocracia castelá-leonesa, debido á súa condición estranxeira, procurou a creación dunha curia propia sobre a que asentar o seu poder. Nela favoreceuse a ascensión dunha nobreza de menor rango, que encarnaban os condes Pedro Fróilaz, Froila Díaz, Suero Vermúdez ou Munio Vélaz. O autor analiza a traxectoria destes personaxes, como entraron na vasalaxe do conde Raimundo, ata constituír a súa clientela máis fiel, e como por medio do servizo vasalático consolidaron no seu redor unhas novas estruturas de poder. Máis tarde, cando morre Raimundo, estes nobres pasan ao servizo da raíña Urraca. Como vasalos dela terán un papel protagonista na inestabilidade que sacude o reino tras o pasamento de Afonso VI, o casamento de Urraca con Afonso I de Aragón e a minoridade de Afonso Raimúndez. Deles, o máis destacado será Pedro Fróilaz, quen se encargou da crianza do futuro Afonso VII. O traballo remata cun repaso aos membros da nobreza inferior, que así mesmo se intregraron como vasalos na corte condal de Raimundo

Loading