«Tra le righe d'un vechhio necrologio: Carolina Michaëlis de Vasconcellos, Ernesto Monaci e il Canzoniere Colocci-Brancuti»


Autor Barberini, Fabio

Título Tra le righe d'un vechhio necrologio: Carolina Michaëlis de Vasconcellos, Ernesto Monaci e il Canzoniere Colocci-Brancuti

Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía

Año 2019

Volumen 46

Páginas 439-454

Enlace https://revistas.usc.gal/index.php/verba/article/view/4568


Resumen
A partir dos comentarios que Carolina Michaëlis verteu na necrolóxica de Monaci, aparecida na Revista Lusitana en 1919, analízanse os posibles motivos polos que o estudoso italiano impediu durante certo tempo o acceso ao Cancioneiro Colocci-Brancuti. Entre as razóns que se teñen barallado para esta actitude de Monaci, estarían os comentarios desfavorables de Teófilo Braga e dalgúns membros das institucións académicas portuguesas ou un certo enfado de filólogo italiano coa actitude de dona Carolina respecto da edición do Cancioneiro da Ajuda. O autor explica a decisión de Monaci de restrinxir o acceso ao cancioneiro B, contextualizándoa na época en que xurdía a Filoloxía Románica como disciplina científica de seu, de tal xeito que tería influído no ánimo de Monaci a idea de pertenza do devandito cancioneiro ao acervo da cultura italiana, así como de que só en Italia se daban as condicións para que o mesmo fose estudado correctamente

Loading